sábado, 22 de noviembre de 2014

Ciencia que conta.

Hola a todos,
Este es mi relato de CQC, para ello copié un relato de años anteriores en un documento de Word y enlacé algunas palabras que tuvieran que ver con la ciencia y añadí una imagen, esta tarea fue bastante sencilla y entretenida.
Un saludo.


Unha cuestión consistente.

O vindeiro xoves a miña tía cumprirá xa 40! A miña nai tiña previsto facerlle unha torta na casa, coma todos os anos. Iso si, de chocolate!
Chegou a noite do mércores; a miña nai mais eu preparabamos os ingredientes: o leite, os ovos, o cacao, a manteiga, o azucre... Cando metemos
o pastel no forno eu quedei aparvada mirándoo...
Vira como a calor que botaba o forno ía cara ao centro, dereitiño á
torta. As barras do forno estaban dunha cor vermella. É como se a calor
tivese unha cor vermella!
Pasaron uns catro minutos e decidín engadirlle unhas améndoas. Sorpresa! Co peso das améndoas e pola calor, estas ían cara ao fondo como
se dun momento a outro fosen estoupar pola presión.
—Por que se afundiron no pastel? –pregunteille á miña nai.Secundaria 41
—É que as améndoas pesan máis ca... –A miña nai tardaba en rematar a frase.
—Ca a torta? Vaia cousa que dis, mira que tes boas ideas! A torta pesa
máis ca as améndoas. Iso pode velo calquera –díxenlle eu.
—E, e... e porque a torta ten aire polo medio e por iso non ten tanta
consistencia coma as améndoas.
Consistencia? Que é iso da consistencia? –pregunteille eu.
—Ben, consistencia é cando algo é duro, ríxido e pesado –dixo a miña
nai–. Iso, pesado, xa cho dixen antes, ves? –engadiu a miña nai.
–Entón, a nosa torta non vai ser consistente? Vaise desfacer?
–Si, iso, é pouco consistente porque ten aire polo medio e por iso pesa pouco. Iso era o que eu dicía. Ves? –dixo a miña nai.
—Ben, pero a torta continúa a pesar máis ca as améndoas tendo ou
non tendo aire no medio –díxenlle eu.
—Pero é que non é toda a torta, nin o molde. O que hai que ver é se
un anaco de torta, do mesmo tamaño que unha améndoa, pesa menos
ou máis que a améndoa –dixo a miña nai.
—A min iso recórdame o que dixo o outro día o profesor dun tal Arquímides. E aquí non vexo barcos... –díxenlle eu.
—Xa está! Debe ser por iso. O que pasa é que temos que pesar unha
mesma cantidade de améndoas e de torta. O volume de torta é moito
maior que o volume de améndoas. Iso é a consistencia –dixo a miña nai
xa un pouco nerviosa.
—Ha!, iso a min sóame pero ao revés. E ademais, o profesor de Ciencias chámalle doutro xeito. Non lle chama consistencia –díxenlle eu.
—Ben, deixas de preguntar dunha vez? Non ves que a torta xa se pasa... Se non a sacamos pronto vaise queimar e entón si que vai quedar consistente! –dixo a miña nai ao tempo que riamos todos.
A miña nai sacou a torta e púxoa a arrefriar na fiestra. Rapidamente,
desinchou un anaco…
—De que forma lle chama o profesor, logo? –preguntoume a miña
nai con curiosidade…



Alicia Penas Ferreira 4ºC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario